Páginas

jueves, 19 de abril de 2012

O Rap da Lingua

O próximo mes de Maio celébrase o día das Letras Galegas. De seguido os presento a canción do Rap da Lingua que imos representar os nen@s de 2º Curso.

QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.

EN GALEGO! XA! SI! (BIS)

AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".

AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.

MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.

ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!

FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.
EN GALEGO! XA! SI!



No hay comentarios:

Publicar un comentario